🤔 A todos gustanos pensar que tomamos decisións informadas na nosa vida.
Comparamos prezos, características, lemos reseñas… Nos nosos sitios web tamén tomamos as decisións así, verdade?
🫵 Ti e máis eu sabemos que non é así. Que a intuición e a improvisación guían moito do que facemos cada día. E iso pode ser divertido e xenial nalgúns casos! Pero temos que controlalo nos asuntos máis importantes.
📊 Nesta sesión descubriremos que pode achegarche a análise de datos na optimización do rendemento do teu sitio web.
Con exemplos claros e prácticos. As métricas máis importantes e as técnicas máis recomendables para facer medrar a túa web con WordPress.
🧙♂️ Pablo é o xefe de equipo de Datos e Experimentación en Product Hackers.
No 2022, publicou para Anaya Multimedia o libro “Negocios online. Data Driven Marketing”, que foi top vendas na súa categoría en Amazon durante a primeira semana de publicación.
✍️ Colabora de forma activa con varias áreas de WordPress: comunidade, traducións, soporte e wptv e os luns pola tarde, presenta o podcast de deseño, márketing e negocios co título máis raro do mundo: Un Billete a Chattanooga.
🗓 A charla terá lugar o vindeiro xoves 19 de setembro de 2024 ás 19:30 horas en WekCo (Novo Mesoiro, nº2 baixo, A Coruña).
🍕 Ao rematar, como sempre, teremos o noso habitual networking acompañado duns petiscos e bebidas refrescantes 🍻
Apúntate, só temos 40 prazas!
🚌 Como chegar a WekCo?
- En coche, hai moito sitio onde aparcar.
- En autobús, na liña 21.
Agardámoste!