Código de Conduta
Como parte da Comunidade Mundial de WordPress, adoptamos o seguinte Código de Conduta:
Obxectivo
WordPress Coruña é unha comunidade aberta a todo o mundo. Como tal, comprometémonos a proporcionar un ambiente amigable, seguro e acolledor para todos, independentemente do seu sexo, orientación sexual, discapacidade, orixe étnica, relixión, sistema operativo preferido, linguaxe de programación ou editor de texto.
Este código de conduta resumo as nosas expectativas para o comportamento dos participantes, así como as consecuencias do comportamento inaceptable.
Instamos a todos os patrocinadores, voluntarios, relatores, conferenciantes, asistentes e outros participantes a colaborar para ofrecer unha experiencia segura e agradable para todos nos nosos eventos.
Cidadanía de Código Aberto
Un obxectivo adicional deste código de conduta é aumentar a cidadanía de código aberto, animando aos participantes a recoñecer e fortalecer as relacións entre o que facemos e a comunidade en xeral.
Para iso ofreceremos un recoñecemento aos cidadáns exemplares da nosa comunidade.
Se consideras que alguén está a facer un esforzo extra para asegurar que a nosa comunidade sexa acolledora, amigable e anime a todos os participantes a contribuír ao máximo, propón o seu recoñecemento.
Comportamento Esperado
Ser considerado, respectuoso e colaborador.
Evita o comportamento ou a linguaxe degradante, discriminatorio ou de acoso.
Sé consciente do entorno e dos teus compañeiros participantes. Alerta aos organizadores se notas unha situación perigosa ou alguén en perigo.
Participa dunha maneira auténtica e activa; ao facelo, axudas a mellorar WordPress Coruña.
Respecta o lugar no que realizamos as nosas reunións e ás persoas que alí atopes.
En todos os casos deberás cumprir coa lexislación vixente en España e as diferentes ordenanzas municipais.
Comportamento Inaceptable
Os comportamentos inaceptables inclúen a conduta intimidatoria, acosadora, abusiva, discriminatoria, despectiva ou humillante cara a calquera participante en WordPress Coruña e eventos relacionados.
O acoso inclúe: comentarios verbais ofensivos relacionados co xénero, a orientación sexual, a raza, a relixión, a discapacidade.
Outros comportamentos considerados inaceptables: o uso inadecuado de desnudos e/ou imaxes sexuais en espazos públicos (incluíndo diapositivas nas presentacións); a intimidación deliberada, o acecho ou acoso con fotografías ou gravacións; a interrupción sostida de charlas e outros eventos; o contacto físico inapropiado e a atención sexual non desexada.
Consecuencias dun Comportamento Inaceptable
O comportamento inaceptable non será tolerado por outros asistentes, organizadores, patrocinadores ou outros participantes de WordPress Coruña.
Esperase que calquera persoa á que se lle pida dar fin a un comportamento inaceptable cumpra de inmediato.
Se un participante ten un comportamento inaceptable, os organizadores poden tomar calquera acción que consideren apropiada, incluíndo a súa expulsión sen previo aviso ou reembolso.
Que Facer ante Comportamentos Inaceptables?
Pide a quen o fai que depoña a súa actitude e se non o fai contacta cos organizadores. Podes comunicarllo directamente en persoa a Daniel, Pablo, David ou Leandro, ou se o prefires a través do noso correo electrónico de contacto.
Ámbito de Aplicación
Esperamos que todos os participantes (patrocinadores, voluntarios, relatores, asistentes e outros convidados) respecten este código de conduta en todos os lugares onde se desenvolva WordPress Coruña e nos eventos sociais relacionados.
Licenza e Atribución
Este Código de Conduta é unha adaptación do importante traballo de Open Source Bridge. O orixinal está dispoñible en http://opensourcebridge.org/about/code-of-conduct/ e publicase baixo unha licenza Creative Commons Attribution-ShareAlike.