Datos do titular

Titular: David Viña Castro como coorganizador da comunidade WorPress Coruña

Denominación pública do sitio: wpcoruña.com

Correo electrónico: wpcoruna@protonmail.com

Política de privacidade

En wpcoruña.com somos conscientes da importancia da privacidade e a protección de datos dos nosos usuarios. Por este motivo, fixemos unha análise dos tratamentos efectuados, así como dos riscos inherentes a eles para establecer políticas e medidas tendentes a protexer a información de carácter persoal que poidamos recoller dos nosos usuarios.

Tratamentos de datos

En cumprimento do disposto no Regulamento UE 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (RGPD), informámoste de que os datos que nos proporciones como usuario desta web serán tratados para:

  • Comunicación connosco a través do formulario de contacto.
  • Mostrar no listado de profesionais da comunidade de WordPress Coruña. Neste listado mostraráse o teu email, a túa páxina web e as redes sociais que cada quen subíu no formulario de rexistro de profesionais. Para modificar estes datos, podes poñerte en contacto connosco a través do email wpcoruna@protonmail.com.

Se solicitas información por medio do formulario de contacto, os datos unicamente serán usados como medio de comunicación, sen quedar almacenados en ningunha base de datos e eliminándoos unha vez rematada a comunicación. Se participas escribindo comentarios publicarase o teu nome de usuario. Os datos non se cederán a terceiros salvo nos casos en que exista unha obriga legal.

Todos os teus datos persoais gárdanse en servidores ubicados dentro da Unión Europea e baixo medidas de seguridade específicas que pretenden evitar o acceso non autorizado ou a fuga de información.

Ademais, os datos persoais que recabemos serán tratados de forma confidencial, aplicándose as medidas técnicas e organizativas establecidas na nosa política interna de seguridade; informámoste igualmente de que se realizou unha análise de riscos e unha avaliación de impacto para asegurarnos de que protexemos a información dos nosos usuarios coa finalidade de evitar o seu acceso, manipulación ou eliminación indebida.

A base xurídica de todos os tratamentos indicados anteriormente é a do consentimento; gardaremos a información necesaria para acreditar que otorgaches os consentimentos correspondentes cando te déches de alta con nós. Poderás retirar en calquera momento o consentimento na pestana a miña conta eliminando a túa conta ou solicitando a baixa da túa conta.

Informámoste igualmente de que te asisten os dereitos de acceso, rectificación, oposición, supresión e limitación do tratamento sobre os teus datos persoais, podendo exercelos mediante escrito á dirección de correo electrónico wpcoruna@protonmail.com

Cookies

Qué son as cookies e por que as utilizamos Unha cookie é un ficheiro que se descarga no dispositivo do usuario ao acceder a determinadas páxinas web para almacenar e recuperar información sobre a navegación que se efectúa desde dito equipo.

As cookies permiten a dita web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre as decisións e hábitos do usuario. En wpcoruña.com utilizámolas para personalizar a experiencia dentro da web, identificar e lembrar ao usuario rexistrado e facilitar a navegación.

É importante destacar que o uso de cookies non proporciona datos persoais do usuario, que cara a wpcoruña.com permanece anónimo.

Na páxina de Wikipedia (http://es.wikipedia.org/wiki/Cookie_(informática)) é posible obter máis información acerca de qué son as cookies e cómo funcionan.

Qué tipo de cookies utilizamos As Cookies, en función da súa permanencia, poden dividirse en Cookies de sesión ou permanentes. As primeiras expiran cando o usuario pecha o navegador. As segundas expiran en función de cando se cumpra o obxectivo para o que serven ou ben cando se borran manualmente.

Adicionalmente, en función do seu obxectivo, as Cookies poden clasificarse da seguinte forma:

Cookies funcionais. Necesarias para o correcto funcionamento da web. Cómo deshabilitar as cookies no navegador A maioría dos navegadores actualmente permiten ao usuario configurar se desexan aceptar cookies e cales

Patrocinadores