😱 Sabías que mellorar a UX pode aumentar as conversións ata nun 400%?
Nesta meetup, centrarémonos en como realizar unha revisión do deseño do teu sitio web WordPress, tomando como referencia principios de UX e CRO aplicados ao e-commerce.
✍️ Comezaremos cunha introdución a algúns principios xerais do deseño enfocado na experiencia do usuario e a conversión, seguida por unha análise detallada das páxinas típicas dunha tenda en liña: páxina de inicio, páxina de detalle de produto, páxina de listado de produtos, cesta, checkout, páxina de agradecemento.
🎯 Veremos unha serie de consellos prácticos para identificar áreas de mellora no teu sitio web, para que a túa web non só sexa funcional, senón que tamén fomente a conversión e mellore a experiencia do usuario.
🚀 Trae as túas preguntas e exemplos do teu propio sitio para ver como poderiamos mellorar a conversión.
🗓 A charla terá lugar o próximo xoves 24 de outubro de 2024 ás 19:30 horas en WekCo (Novo Mesoiro, Nº2 baixo, A Coruña).
🍕 Ao rematar, como sempre, teremos o noso habitual networking acompañado duns petiscos e bebidas refrescantes 🍻
Apúntate, só temos 40 prazas!
🚌 Como chegar a WekCo?
- En coche, hai moito sitio onde aparcar.
- En autobús, na liña 21.
Agardámoste!
🦀 Únete a comunidade WP Coruña!
Ponente
Ana Cirujano
“Ana es diseñadora UX/UI de negocio digital en anacirujano.com.
Es embajadora de marca del proveedor de hosting y dominios Piensa Solutions.
Es cofundadora y diseñadora de Ploogins, un recomendador de plugins de WordPress que funciona con IA.
Contribuye a WordPress desde 2017. Ha contribuido a Diseño, Core, Plugins, WordPress.tv, Traducciones, Photo y, sobre todo, al equipo de comunidad, organizando la Meetup de WordPress Torrelodones (2019-2024) y la WordCamp de Torrelodones (Madrid) en 2023 y en 2024. Ahora forma parte del proyecto WordPress Media Corps.
Todos los lunes a las 18:30 h emite en directo con Pablo Moratinos el programa Un billete a Chattanooga, sobre diseño, marketing y negocios online con WordPress.”