🔥 Rural Hackers: Construíndo comunidade máis aló das cidades


🧰 Que teñen en común unha comunidade de código aberto como WordPress e un proxecto no rural galego? Máis do que imaxinas. Nesta charla compartiremos como WordPress axudou a dar forma ao que hoxe é Rural Hackers. Non só como ferramenta, senón como filosofía: open source, comunidade distribuída, colaboración aberta. Os mesmos valores que constrúen software libre son os que manteñen vivos os pobos.

🌿 Levamos Do_Action ao rural: dous hackathons solidarios de WordPress en plena Galicia rural, incluíndo uno este mesmo mes de novembro. Porque resulta que construír webs para Ong funciona igual (ou mellor) rodeado de montes que de oficinas.

🌍 O ecosistema WordPress impulsa o rural: empresas do ecosistema apoian iniciativas como os nosos Hacker Days, Tech4Rural ou RuralWO demostran que a comunidade WordPress non só constrúe código, constrúe territorio.

🗨️ Falaremos de:
-Como WordPress inspirounos para dar forma a Rural Hackers
-Os nosos dous Do_Action hackathons no rural galego
-Por que o open source move todas as nosas iniciativas rurais
-WordPress como comunidade, e como a comunidade é esencial para que non morra o rural galego.

🧭 A tecnoloxía é importante, pero sen comunidade non hai nada. WordPress sábeo. Nós tamén. Vimos contar como estes dous mundos atópanse nas aldeas de Galicia.

🗓 A charla terá lugar o próximo xoves 13 de novembro de 2025 ás 19:30 horas en WekCo (Novo Mesoiro, Nº2 bajo, A Coruña).

🍕 Ao rematar, coma sempre, teremos o noso habitual networking acompañado duns pinchos e bebidas refrescantes 🍻

Bule a apuntarte, só temos 35 prazas!

🚌 Como chegar a WekCo?

  • En coche, hai moito sitio no que aparcar
  • En autobús, na liña 21

Esperámoste!

🦀 Únete á comunidade WP Coruña


Relator | Agustín Jamardo

Son enxeñeiro de software en Eleven Yellow e fundador de Anceu Coliving, onde acollemos desde 2020 a profesionais, creativas e onde realizamos máis de 30 residencias de artistas.

Co-fundador de Rural Hackers, unha ONG que traballa para demostrar que a tecnoloxía e a innovación non necesitan grandes cidades. Tamén formo parte do Board of Directors da European Creative Hubs Network, conectando espazos creativos rurais por toda Europa.

Vivo e traballo desde o rural galego, convencido de que o mellor código escríbese onde hai boa comunidade, e non necesariamente onde hai máis asfalto.


Presentación


Patrocinadores