































🖲️ Cada vez hai máis mulleres en tecnoloxía. E con todo, a conversación sobre o seu lugar no sector non para. Por que?
🔋 Con motivo do 8 de marzo, WordPress Coruña uniu forzas con GPUL, en colaboración coa Universidade da Coruña, para organizar unha mesa redonda na que catro mulleres que traballan, ensinan e constrúen no sector tecnolóxico compartirán as súas experiencias, as súas miradas e as súas propostas para transformar unha cultura que, con demasiada frecuencia, segue lanzando un erro cando tenta atopalas.
🙋♀️ O título non é casual. Un erro 404 significa que algo non se atopa onde debería estar. E en tech, a pregunta non é se as mulleres están — están, e levan décadas estándoo — senón onde, en que roles e con que visibilidade. Esta mesa redonda é unha oportunidade para explorar esas dinámicas: que cambiou, que segue igual e como construír comunidades tecnolóxicas onde o talento non dependa do xénero.
Participarán:
🟣 Mónica Pérez Sueiro, enxeñeira informática e profesora de FP especializada en redes, deseño web e accesibilidade, socia de GPUL e presidenta do Colectivo dás Pedras Galladas, convencida de que a tecnoloxía é tamén unha forma de construír comunidade.
🟣 Ana Rute Mendes, desarrolladora web brasileira afincada na Coruña, membro do equipo de Igalia, apaixonada por resolver problemas reais con tecnoloxía e cun percorrido que vai do front-end ao emprendemento educativo.
🟣 Estefanía Cordeiro Brión, enxeñeira e analista de datos, especializada en conectar tecnoloxía e negocio para converter o comportamento dixital en decisións estratéxicas.
🟣 María José Lara Folgar, doutora en Psicoloxía, profesora xubilada e exploradora incansable das interseccións entre tecnoloxía e creatividade: da bixutería electrónica ás redes de mensaxería libre con LoRa e Meshtastic.
O debate estará moderado por Marta Paz, socia fundadora de cooperativa, usuaria de GNU/Linux, activista feminista e tecnolóxica con máis de 16 anos traballando con WordPress e máis de 20 implicada en proxectos de cultura libre e coñecemento aberto.
🗓 A charla terá lugar o vindeiro xoves 12 de marzo ás 19:30 horas en NORMAL (Paseo de Ronda, 47, A Coruña).
🍕 Ao finalizar, como sempre, teremos o noso habitual networking acompañado duns petiscos e bebidas refrescantes 🍻
Apúntate, que temos poucas prazas!
Esperámoste!
🦀 Únete á comunidade WP Coruña





