🔥 WordPress en ‘chanclas’


Coas últimas ondas de calor fai tempo que estamos en ‘chanclas’, pero hai ‘chanclas’ e ‘chanclas’. E aínda faltan as wordpresseras. Se levas pouco tempo nesta comunidade, agora mesmo estarás a pensar que sufrimos un alifate mental con estas temperaturas e só vemos ‘chanclas’ no horizonte 😎

Tranqui… Non nos perdemos. Nin ti tampouco. Estás no lugar adecuado, na comunidade de WordPress na Coruña e cada ano pechamos a tempada cunha cita tan informal como unhas ‘chanclas’.

Nada de relatorios, nin de mesas redondas, nin de obradoiros, nin de compartir proxectos… WordPress en ‘chanclas’ é unha ocasión para deixar o traballo ao carón e poñernos en modo vacacións on, pero coa comunidade. Empezamos e terminamos co networking para facer balance da tempada e para recoller ideas para a próxima. E para falar de viaxes, de praias, de hamacas e mergullos, de pícnics e churrascadas… Do que se tercie, que para iso é verán. Entre bebidas e petiscos, claro 🍻

🗓 A charla terá lugar o próximo xoves 23 de xullo de 2026 ás 20.00 horas no Bar Berri (na parte superior da escalinata de Santa Lucía).

Bule a apuntarte, só temos 25 prazas!

Esperámoste!

🦀 Únete á comunidade WP Coruña


Patrocinadores