🔥Dicir NON: unha ferramenta infravalorada para sobrevivir ao emprendemento



Presentación


🧰 Estarás de acordo comigo en que hai momentos nos que dicir “NON” parece unha traizón, a outros ou a nós mesmos. Entón dicimos que “SI” para non decepcionar, para non perder unha oportunidade, para non parecer egoístas… pero cada “SI” que damos sen querelo facer, métese nun apuro maior.

🧠 Nesta charla, quero convidarte a deterche no camiño, a mirar a situación con honestidade e a comprender cando dicir “NON” SEN MEDO, sen mirar atrás… Falemos deses NON que liberan, que salvan o teu proxecto e o teu tempo e que reconstrúen. Esta charla non pretende ensinarte a ser máis produtivo, senón máis fiel a ti mesmo. “Non é non. Non outra vez. Non, hoxe non”, je. Vai practicando!

🗓 A charla terá lugar o vindeiro xoves 23 de outubro de 2025 ás 19:30 horas en WekCo (Novo Mesoiro, nº 2 baixo, A Coruña).

🍕 Ao rematar, como sempre, teremos o noso habitual networking acompañado duns petiscos e bebidas refrescantes 🍻

Apúntate, que temos poucas prazas!

🚌 Como chegar a WekCo?

  • En coche, hai moito sitio onde aparcar
  • En autobús, na liña 21

Agardámoste!

Relatora | Mónica Saavedra

Desenvolvedora web freelance, consultora de marca persoal e emprendedora. Coorganizadora da WordCamp Galicia e do meetup de WordPress Ferrol.


Patrocinadores