🔝 Santi Frías é consultor dixital e membro activo e veterano do meetup WordPress Coruña. Cando decidimos comezar o curso co tema de moda, barallamos varios enfoques (obradoiro, charla, debate…?). Non tiñamos claro o como, pero si o que e o quen. Se alguén da comunidade está exprimindo e experimentando coa IA en case todas as facetas do seu día a día é Santi. Así que lle pedimos que comparta algo da súa aprendizaxe para asentar as bases teóricas do que agardamos que se converta nun ciclo práctico. Porque sabemos que despois de que nos conte a súa experiencia, todos imos querer facer os nosos propios axentes para delegar e delegar, xa sexa para montar unha web ou para facer a compra do súper 🛒
Santi cóntanolo así:
🎯 A IA cambiou completamente a miña forma de traballar. Agora o primeiro que abro pola mañá xa non é o Gmail: é o meu asistente de tarefas en Claude. Teño un censo de máis de sesenta proxectos montados —skills, tarefas programadas, pipelines, axentes— e de aí sae todo o que vou contar: o que funcionou, o que se rompeu, o que decidín non montar e, sobre todo, como o fago.
🗓 A charla terá lugar o próximo xoves 17 de setembro de 2026 ás 19:30 horas en WekCo (Novo Mesoiro, Nº2 bajo, A Coruña).
🍕 Ao rematar, coma sempre, teremos o noso habitual networking acompañado duns pinchos e bebidas refrescantes 🍻
Bule a apuntarte, só temos 35 prazas!
🚌 Como chegar a WekCo?
- En coche, hai moito sitio no que aparcar
- En autobús, na liña 21
Esperámoste!
🦀 Únete á comunidade WP Coruña
Relator | Santi Frías
Levo trinta anos en marketing e dixital, e desde 2022 traballo pola miña conta desde Galicia: WordPress, SEO e GEO, e automatización e formación en IA para clientes de todo tipo.





