A web polo tellado


Esta situación seguro que a atopas familiar:

Tes que lanzar unha páxina web e a correr instalas un WordPresselixes un tema que che guste e instalas os teus plugins favoritos.

🤓 E isto falo así independentemente do público ao que te dirixas, das particularidades do proxecto e dos obxectivos que teña o sitio.

Ah, que unha páxina web ten particularidade e obxectivos?

🏪 Pensa na túa web coma no teu fogar, a túa oficina, comercio ou local no que desenvolver a túa actividade profesional.

Para crear un espazo no que queiras estar, útil e cómodo, e poder sacarlle un maior partido ao sitio, é preciso realizar unha planificación previa á súa creación coa que aforrarás tempo, esforzos e cartos.

🎯 Nesta Meetup poñeremos o foco sobre diferentes aspectos, que tanto se fas ti a túa web coma se lla encargas a alguén, deberías ter en conta á hora de ideala.

Aprende que debes facer antes de lanzarte a instalar ferramentas, da man de Sabela Muñiz.

👩‍🎨 Sabela é creativa dixital, isto é, dá forma a ideas, proxectos ou deseños a través de gráficos, vídeos ou modelos 3D. Está centrada na transformación de contidos técnicos nun formato visual, ameno e con linguaxe que calquera poida entender. É membro da organización da WordCamp de Pontevedra e doutros grupos tecnolóxicos.

🗓 A meetup terá lugar o vindeiro día 15 de decembro en WekCo (Novo Mesoiro, nº2 baixo, A Coruña) a partir das 19:30 horas.

🍕 A continuación, e xusto ao finalizar o evento, teremos o noso habitual networking acompañado duns petiscos.

É a nosa última Meetup de 2022, así que agardamos celebrala cun brinde por todo o alto para desexar a boa entrada a 2023.

Apúntate, só hai 40 prazas!!

🚌 Sabes chegar a WekCo?

  • En coche, hai moito sitio onde aparcar
  • En autobús, na liña 21

Agardámoste!


Patrocinadores