Deseño, seguridade, desenvolvemento ou optimización son puntos fundamentais para unha web profesional e rendible.
Pero non son suficientes.
📊 Medir que acontece na túa web e analizar os datos é unha práctica ineludible se queres coñecer quen son os teus visitantes.
E non só quen son. Tamén como navegan, que apartados visitan, que tempo pasan nas diferentes seccións e por que acaban liscando da tenda online sen realizar a compra.
Podes gastar miles de euros en optimización de textos ou publicidade online, até que deixes a túa conta bancaria en números vermellos. Mais se descoñeces por que os teus potenciais clientes non entran na ficha de produto, non meten a súa información de pago ou deixan o carro abandonado, como vas mellorar?
Nesta nova edición da Meetup de WordPress da Coruña podes comezar este camiño.
👩💻 E para isto estará connosco Rocío Díaz, especialista en analítica de datos e CRO con máis dunha década de experiencia en negocios dixitais. Actualmente é Head of Digital Analytics & CRO en Adolfo Domínguez.
Mostrarache as chaves para medir o básico na túa tenda online sen necesidade de ser un experto en analítica de datos, e así poder mellorar e vender máis.
🗓 A actividade terá lugar o vindeiro día 15 de setembro de 2022 en WekCo (Novo Mesoiro, nº2. Baixo. A Coruña) a partir das 19:30 horas.
🍕 A continuación, e xusto ao finalizar o evento, teremos o noso habitual networking acompañado duns petiscos.
Apúntate, só hai 40 prazas!!
🚌 Sabes chegar a WekCo?
- En coche, hai moito sitio onde aparcar.
- En autobús, na liña 21.