Aprende a sacar rendabilidade das túas campañas de Google Ads


Como non tirar ao lixo o teu diñeiro cando decides apostar pola publicidade online

🚦Levar visitas (e posibles clientes) á túa páxina web non é unha tarefa fácil.

E no momento de formular como facelo tes diante varios camiños, algúns máis rápidos e outros máis lentos. Algúns máis arriscados e outros máis seguros.

Apostes por uns ou por outros, sempre debes ter en conta que unha das posibilidades é a publicidade online.

💰Inmediata, si. Pero pola que hai que pagar.

En moitas ocasións, pagar moito.

E claro, cando falamos de que por cada visita conseguida hai que rascar o peto non chega só con que as persoas nos visiten e algunha de casualidade compre.

Non.

🤓Hai que aprender a optimizar ao máximo esas campañas de publicidade. Sacar o máximo rendemento de cada euro investido para que o retorno do investimento sexa o máximo posible.

Porque, do contrario, estarás botando o diñeiro.

🤵‍♂️Pois precisamente de como facelo falaranos Pablo Amado na próxima edición da Meetup de WordPress da Coruña. Pablo é especialista en medios de pago. Deseña estratexias de PPC (Pago Por Click), execútaas, optimízaas e repórtaas; aportando ideas de mellora tanto para os materiais gráficos vinculados ás campañas como para as propias landing pages.

🗓 A meetup terá lugar o vindeiro día 18 de maio de 2023 en WekCo (Novo Mesoiro, nº2 baixo, A Coruña) ás 19:30 horas.

🍕 A continuación, e xusto ao finalizar o evento, teremos o noso habitual networking acompañado duns petiscos.

Apúntate, só hai 35 prazas!!

🚌 Sabes chegar a WekCo?

  • En coche, hai moito sitio onde aparcar
  • En autobús, na liña 21

Agardámoste!


Patrocinadores