Canto diñeiro vas seguir perdendo por non montares unha tenda online?


Aprende a crear un ecommerce en 10 pasos e consigue a túa primeira venda.

🫵 Sábelo.

Na internet hai moitas, moitísimas oportunidades. E nada indica que vaian acabar, máis ben ao contrario. Cada vez procuramos, comparamos e mercamos máis por internet.

E tes tres camiños:

  • Podes dar as costas a esta realidade e que a túa competencia se posicione no mercado online.
  • Podes publicar un sitio de calquera maneira e depender da sorte que haxa nese intre.
  • 👉 Ou podes actuar 👈

✅ Se elixiches a terceira opción tes unha cita connosco na próxima edición da Meetup de WordPress da Coruña. Nela aprenderás a montar unha tenda online en 10 pasos, desde que tes unha idea de negocio ata ter a túa primeira venda.

Sen dar mil voltas nin configurar trescentas opcións que soan a chinés.

😎 Imos crear unha tenda online mínima viable. Directos. Ao punto. En 45 minutos. Coas ferramentas imprescindibles para que poidas replicalo todo na túa casa.

O encargado de guiarnos nesta tarefa é Anxo Sánchez, deseñador web, creador de múltiples trangalladas coas que se gaña a vida e membro da comunidade de WordPress A Coruña. Pódelo atopar en anxosanchez.com.

🗓 A meetup terá lugar o vindeiro día 15 de xuño de 2023 en WekCo (Novo Mesoiro, nº2 baixo, A Coruña) ás 19:30 horas.

🍕 A continuación, e xusto ao finalizar o evento, teremos o noso habitual networking acompañado duns petiscos.

Apúntate, só hai 30 prazas!!

? Sabes chegar a WekCo?

  • En coche, hai moito sitio onde aparcar
  • En autobús, na liña 21

Agardámoste!


Patrocinadores