🤔 Sentes que outros negocios triunfan en redes sociais mentres ti non sabes por onde empezar? Tranquilo, non é cuestión de sorte, é cuestión de estratexia!
👩🏫 As redes non son escaparates, son espazos para conectar. A clave está en crear contido que eduque, entreteña ou motive, e facelo de forma eficiente.
🎯 Nesta charla descubrirás como planificar un mes completo de publicacións en menos dunha hora, atraer máis seguidores e converter interaccións en clientes.
Conseguirás un método práctico e fácil de aplicar para xestionar as túas redes sen abafos e con resultados visibles.
🗓 A charla terá lugar o vindeiro xoves 23 de xaneiro de 2025 ás 19.30 horas en WekCo (Novo Mesoiro, 2, baixo, A Coruña).
🍕 Ao rematar, coma sempre, teremos o noso habitual networking acompañado duns pinchos e bebidas refrescantes 🍻
Bule a apuntarte, só temos 35 prazas!
🚌 Como chegar a WekCo?
- En coche, hai moito sitio no que aparcar
- En autobús, na liña 21
Esperámoste!
🦀 Únete á comunidade WP Coruña!
Fotos
























Ponente | Úrsula Estévez
Experta en marketing dixital especializada en copywriting, creación de contido e SEO. O meu oxbectivo é converter os negocios dos meus clientes en marcas irresistibles. Con máis de 9 anos de experiencia, axudo a empresas a ser diferentes, gañarse un lugar no seu sector e alcanzar os seus obxectivos.
A miña experiencia no mundo do marketing empezou en Canadá, comezando nunha axencia educativa ata chegar a unha grande axencia de marketing na que tive a oportunidade de traballar con empresas como Telus, Starbucks ou Air Canada. Á miña volta a Vigo continuei traballando no sector, tanto en axencia como empresa e recentemento lanceime ao mundo freelance.
Apaixóname o marketing porque é a pefecta combinación entre creatividade e estratexia; e encántame axudar a outros emprendedores e empresarios a logras as súas metas dándolles aos seus proxectos a visibilidade que merecen.