Nesta charla, aprenderás a aproveitar as oportunidades dixitais para crear proxectos que conecten profundamente coa audiencia, sen importar o lugar de orixe.
🏡 Dende un pequeno pobo de Galicia, a nosa relatora ideou campañas coherentes que combinan un enfoque estratéxico cun compromiso xenuíno, xerando un impacto duradeiro nos públicos.
👩🏻🏫 Mediante exemplos prácticos, coñecerás como a integración de valores e comunicación é crucial para deixar unha marca notable en medios dixitais e tradicionais.
Descubrirás como as redes profesionais amplifican a túa mensaxe máis alá das fronteiras dixitais, xerando conexións valiosas e inspirando a outros.
✍️ Iria Otero, fundadora e directora creativa de As Peaky Branders e cofundadora de OH!Sister, aportará o seu enfoque innovador e transformador que desafiou as limitacións do entorno dixital. A charla inspirarate a romper o molde e liberar todo o teu potencial creativo, reflexando a túa auténtica voz e deixando unha pegada significativa na audiencia.
🗓 A meetup terá lugar o próximo xoves 23 de maio de 2024 ás 19:30 horas en WekCo (Novo Mesoiro, nº2 baixo, A Coruña).
🍕 Ao finalizar, como sempre, teremos o noso habitual networking acompañado duns pinchos e bebidas refrescantes 🍻
Apúntate, só temos 30 prazas! E acaban rápido…
🚌 ¿Cómo chegar a WekCo?
- En coche, hai moito sitio onde aparcar.
- En autobús, na liña 21.
- Falando no chat do evento para coordinarte con outros asistentes
Esperámoste!
🦀 Únete á comunidade WP Coruña!