Cómo xestionar un ecommerce e non morrer no intento?


Ligazóns rápidas

😫 Cres que a única maneira de xestionar un ecommerce é sufrindo? Gustaríache coñecer unha experiencia diferente? Queres saber cales son as claves para facelo de maneira efectiva?

Entón tes que falar con Santi Frias.

🎙️ Nesta nova charla, Santi levaranos a través da súa experiencia e coñecementos na xestión dun ecommerce, usando como exemplo o caso de La Maletería. Falaremos sobre a súa orixe a idea e como se desenvolveu ao longo do tempo.

✅ Tamén compartirá as súas claves para xestionar un ecommerce de maneira exitosa, destacando os puntos máis importantes e compartindo estratexias prácticas que podes aplicar ao teu propio negocio online.

👨‍💼 Santi Frias fixo a súa primeira web en 1996 e desde o 2014 utiliza WordPress en todos os seus proxectos. Ten unha ampla experiencia na creación e xestión de tendas online. O seu coñecemento profundo e os seus consellos prácticos axudaranche a enfrontar os desafíos da xestión dun ecommerce e a aproveitar as oportunidades para facer medrar o teu negocio.

🫵 Non perdas esta oportunidade de aprender e mellorar a xestión do teu ecommerce. Agardámoste para aprender xuntos e descubrir como non morrer no intento!

🗓 A charla terá lugar o próximo xoves 27 de xuño de 2024 ás 19:30 horas en WekCo (Novo Mesoiro, nº2 baixo, A Coruña).

🍕 Ao finalizar, como sempre, teremos o noso habitual networking acompañado de uns pinchos e bebidas refrescantes 🍻 Apúntate, só temos 35 prazas!

🚌 Como chegar a WekCo?

  • En coche, hai moito sitio onde aparcar.
  • En autobús, na liña 21.

Agardámoste!

🦀 Únete á comunidade WP Coruña!

Video

Presentación


Patrocinadores