Configura (dunha vez) a túa web con GA4 antes de que sexa tarde.


Ligazóns rápidas

Aprende a crear eventos personalizados e a manexarte coa última versión de Analytics.

Temos unha mala nova para todas e todos aqueles que tendes unha páxina web.

😳 En xullo de 2023 Universal Analytics deixará de recoller datos e tomará a testemuña GA4.

Dito así claro…

A ferramenta que estás a utilizar para rexistrar as visitas ao teu sitio web deixará de funcionar porque lle sae de aí ao mesmísimo Google.

📊 Pero hai solución, pois a súa sucesora entra en xogo: Google Analytics 4.

Este relatorio é para todas aquelas persoas que saben que se lles escapa o tempo e aínda non fixeron cambio de versión.

🤓 Veremos como funciona GA4, as súas constantes mudanzas e como configurar eventos utilizando Tag Manager para sacarlle o máximo partido. Daremos unha serie de recomendacións de uso e incluso abriremos unha páxina web para mostrar o proceso en vivo.

🎉 Comezamos o 2023 con forza. Que mellor que un ano aleatorio como este para cumprir todas as nosas metas e algo fundamental para avanzar nos obxectivos é poder medir o proceso e os resultados.

👉 Para iso non queda máis que configurar GA4.

Estará connosco Pablo Roca, consultor SEO e especialista en marketing dixital. Pablo é membro da comunidade de WordPress e creador da Agencia Juicer Marketing 🍊

🗓 A meetup terá lugar o vindeiro día 19 de decembro de 2023 en WekCo (Novo Mesoiro, nº2 baixo, A Coruña) ás 19:30 horas.

🍕 A continuación, e xusto ao finalizar o evento, teremos o noso habitual networking acompañado duns petiscos.

Apúntate, só hai 35 prazas!!

🚌 Sabes chegar a WekCo?

  • En coche, hai moito sitio onde aparcar
  • En autobús, na liña 21

Agardámoste!

Vídeo da charla


Patrocinadores