Domina a arte da venda e conquista aos teus clientes


Nos tempos que corren, entender como compran os teus clientes e dominar a arte da venda é fundamental para o éxito.

🧐 Alguma vez preguntácheste por que alguns clientes elixen o teu produto ou servizo sobre outros? Qué factores influen na súa decisión de compra?

Nesta charla, exploraremos os complexos mecanismos detrás das decisións de compra dos teus clientes e analizaremos as estratexias de venda que xeran un “match” perfecto entre o que ofrecemos e o que os nosos clientes desexan.

🧑‍🏫 Aprenderemos a:

  • Entender como compran as persoas e como podemos acelerar as ventas.
  • Descifrar qué necesita cada cliente en cada momento
  • Cómo atopar os nosos primeiros (segundos e terceiros) clientes

🚀 Tanto se es un emprendedor, un profesional das vendas ou simplemente estás interesado en mellorar as túas habilidades de persuasión, esta charla brindarache os coñecementos e as ferramentas necesarias para mellorar as túas vendas.

A nosa experta será Yolanda Pazos, con máis de 20 anos de experiencia en vendas e formación ocupacional, destacou en roles como directora comercial nunha multinacional de seguros e investimentos. Hoxe en día asesora a emprendedores de diversos sectores en vendas e marketing online, ademáis de colaborar na creación de contidos especializados en marketing.

Non te perdas esta oportunidade de descubrir o segredo para converter aos teus clientes en compradores felices e leais!

🗓 A meetup terá lugar o próximo xoves 22 de febreiro de 2024 ás 19:30 horas en WekCo (Novo Mesoiro, nº2 baixo, A Coruña).

🍕 Ao finalizar, coma sempre, teremos o noso habitual networking acompañado de uns petiscos.

Apúntate, só temos 30 prazas!

🚌 ¿Como chegar a WekCo?

  • En coche, hai moito sitio onde aparcar
  • En autobús, na liña 21
  • Falando no chat do evento para coordinar cos outros asistentes

Agardámoste!

🦀 Únete á comunidade WP Coruña!

Video

Diapositivas

Aquí podes descargar as diapositivas do evento:

Imaxes do evento


Patrocinadores