🧰 Vivimos na era do emprendemento. Estamos a asistir a un Hype no que parece que ser emprendedor é a solución para todo. E este emprendecentrismo está a axudar a cumprir os soños de moita xente, e os pesadelos doutra moita.
✍️ Estarei preparado? Será para min? En que lea estou a meterme? Hai unha generation que vive dos next generation e estoume quedando fóra? Existe vida máis aló do trimestre?
💸 As respostas a estas, e outras moitas preguntas só aparecen cando estas de barro ata arriba, ou cando escoitas a alguén que xa o estivo.
🧠 Pois ben, esta charla quere que aprendas na cabeza allea, tenta axudarche a resolver todas estas cuestións da man de Judit Cabana, unha persoa que leva moitos anos aprendendo en primeira persoa sobre emprendemento e viviu para contalo.
🗓 A charla terá lugar o próximo xoves 15 de maio de 2025 ás 19:30 horas en WekCo (Novo Mesoiro, Nº2 bajo, A Coruña).
🍕 Ao rematar, coma sempre, teremos o noso habitual networking acompañado duns pinchos e bebidas refrescantes 🍻
Bule a apuntarte, só temos 35 prazas!
🚌 Como chegar a WekCo?
- En coche, hai moito sitio no que aparcar
- En autobús, na liña 21
Esperámoste!
🦀 Únete á comunidade WP Coruña
Ponente | Judit Cabana


O seu coñecemento do medio e especialización en negocio dixital remóntanse ao ano 2011. Desde entón fundou e dirixiu cinco empresas; e liderou proxectos de márketing, comunicación e vendas para grandes empresas a nivel nacional de sectores como banca, telecomunicacións, seguros, alimentación ou saúde, entre outros.
Tras máis de 14 anos de experiencia no sector dixital; ha traballando primeiro na axencia IpGlobal, co-fundado e dirixido posteriormente a axencia BySidecar, a consultora de márketing Voltaxe, o ecommerce de viño e experiencias EL VINO DEL MES así como o primeiro festival de viños naturais do noroeste REBEL wine fest.
Desde hai dous anos, xa desde a súa axencia FEMÜR da que é o 50%, lidera proxectos baixo unha perspectiva de impacto positivo; desde a que axuda ás empresas para conseguir os seus obxectivos de comunicación aliñados á súa estratexia de negocio e marca. É vicepresidenta do Clúster de ecommerce de Galicia, mentora de emprendemento en diferentes programas e profesora de márketing e comunicación en escolas de negocios.
Presentación
Fotos





























