🎉 Comezamos o 2024 cargados de enerxía e moitas charlas top!
E comezamos falando de algo fundamental a ter en conta no teu negocio en liña, Google e o SEO 💪
Google pon á nosa disposición unha ferramenta fantástica para mellorar o SEO das nosas webs: Search Console.
❤️ Utilizaremos os mitos de fundación da cidade da Coruña para aprender de forma didáctica e entretida, trucos para mellorar os nosos resultados no buscador.
Analizaremos a Google como empresa e entenderemos as vantaxes de “seguir as instrucións”, sacando maior partido aos nosos contidos en internet ⚡
🚀 Para iso contaremos co noso gran amigo Wajari da comunidade WordPress Pontevedra. Wajari é consultor SEO cun nome raro. Pódelo atopar en wajari.com. Dá clases de SEO e WordPress. Colabora na coorganización de grupos tecnolóxicos open source. Entre eles é coorganizador da meetup de Pontevedra, líder da WordCamp Pontevedra 2022 e 2023, coorganizador da WordCamp Europe 2023 e 2024 e moito máis. Ademais, é un cociñeiro fantástico, dáselle moi ben a xardinería e repartir golosinas en ponencias 😋
A meetup terá lugar o xoves 18 de xaneiro de 2024 ás 19:30 horas en WekCo (Novo Mesoiro, nº2 baixo, A Coruña).
🍕 Ao rematar, como sempre, teremos o noso habitual networking acompañado duns pinchos e bebidas refrescantes 🍻
🚌 Cómo chegar a WekCo?
- En coche, hai moito sitio onde aparcar.
- En autobús, na liña 21.
Apúntate, só temos 35 prazas!
Diapositivas
Aquí podes descargar as diapositivas do evento:
Imáxenes
As mellores fotos do noso evento. Gracias unha vez máis a Diego Gómez