Basta de longos e aborrecidos tutoriais que non fan máis que asustar a quen quere crear contidos en formato audio.
Gravar un podcast é fácil. E con estas ferramentas será aínda máis.
A sobrecarga de información fai que cada vez sexa máis complexo elixir as ferramentas e plataformas adecuadas para os nosos contidos.
Cómo saber cal utilizar se a mesma persoa recomenda todolos días unha ferramenta diferente?
Esta charla-taller está enfocada en reducir o ruído que nos impide avanzar e propón facer foco no único que importa: Gravar e publicar o teu primeiro podcast.
Na primeira parte, falaremos sobre a importancia do formato e por que resulta imprescindible contar cun podcast para difundir o teu produto, servizo ou marca persoal.
E na segunda gravaremos, editaremos e publicaremos un podcast en directo para confirmar que facelo é moito máis sinxelo do que crías.
Despois da charla aprenderás:
- A realidade sobre o panorama actual do podcasting
- Os formatos máis útil para cada caso
- As mellores formas de gañar diñeiro cun podcast
- Os mellores programas para gravar e editar
- As mellores plataformas para publicar o teu podcast
- Os plugins máis adecuados de WordPress
- As mellores formas de difundir o teu podcast
Non che interesa o podcasting?
Pois iso está a piques de cambiar.
A charla-taller está a cargo de Leo Menéndez, creador de contidos “full-full” en Mumbler e multipodcaster en Babel Infinito.
Leo grava e gravou unha longa lista de podcasts sobre diferentes temas (case todos sobre cine e series) e durante os últimos anos especializouse na difusión de contidos en diferentes plataformas para facilitar o seu descubrimento.
A meetup terá lugar o xoves 14 de decembro de 2023 ás 19:30 horas en WekCo (Novo Mesoiro, nº2 baixo, A Coruña).
🍕 Ao finalizar, como sempre, teremos o noso habitual networking acompañado duns pinchos e bebidas refrescantes 🍻
Apúntate, só temos 35 prazas!
🚌 Cómo chegar a WekCo?
En coche, hai moito sitio onde aparcar.
En autobús, na liña 21.
Esperámoste!
Fotos
Presentación
Descarga a presentación de Leo en PDF.