🔥 Non máis webs sen mantemento nin profesionais sen ingresos recorrentes


🧰 Nesta charla veremos a importancia de realizar un correcto mantemento en calquera web de WordPress, as tarefas fundamentais que debemos incluír e decenas de ferramentas que podemos usar para realizalas.

✍️ Plugins gratuítos e de pago, ferramentas SaaS, extensións de navegador… Haberá un pouco de todo, así que trae para apuntar.

💸 Ademais, falaremos do potencial como modelo de negocio recorrente, rendible e escalable que ten para os freelancers e axencias dixitais e como crear un servizo ao seu redor (plans, prezos, adquisición de clientes, retención…).

🗓 A charla terá lugar o próximo xoves 24 de abril de 2025 ás 19:30 horas en WekCo (Novo Mesoiro, Nº2 bajo, A Coruña).

🍕 Ao rematar, coma sempre, teremos o noso habitual networking acompañado duns pinchos e bebidas refrescantes 🍻

Bule a apuntarte, só temos 35 prazas!

🚌 Como chegar a WekCo?

  • En coche, hai moito sitio no que aparcar
  • En autobús, na liña 21

Esperámoste!

🦀 Únete á comunidade WP Coruña


Ponente | Héctor de Prada

Son de León, aínda que vivo moita parte do meu tempo en liña. Levo facendo páxinas web desde que tiña 12 anos e con WordPress desde máis ou menos 2015.

Traballei 5 anos como deseñador web freelance, despois montei un estudo de desenvolvemento de software especializado en WordPress e agora son un dos fundadores de Modular DS, unha ferramenta para profesionais coa que centralizar e automatizar o mantemento das súas webs.

Coorganizo a meetup de WordPress León e escribo a newsletter Actualidade WP, coas noticias do ecosistema WordPress en español.


Presentación


Vídeo


Fotos


Patrocinadores