





































Este mes traémosvos unha proposta totalmente diferente. Fixemos unha chamada á comunidade para que os membros poidan presentar proxectos privados nos que están a traballar e darlles a ocasión tamén de validalos cos compañeiros de fatigas, alegrías e networking de WordPress Coruña.
Estamos moi contentos coa resposta. Temos unha comunidade viva, aberta e chea de boas ideas. Se queres coñecelas, acompáñanos na meetup deste xoves. Será onde sempre, en WekCo, en Novo Mesoiro, ás sete e media da tarde. Se aínda non te apuntaches, aínda hai prazas.
Como o tempo que temos é limitado, tivemos que elixir proxectos. Pero isto é unha gran nova, porque levaranos a organizar un novo meetup deste tipo despois do verán. Así que se tes un proxecto privado e non puideches ou non te animaches a presentalo nesta primeira convocatoria, non te perdas as próximas convocatorias.
Vémonos o xoves!
🗓 A charla terá lugar o próximo xoves 18 de xuño de 2026 ás 19:30 horas en WekCo (Novo Mesoiro, Nº2 bajo, A Coruña).
🍕 Ao rematar, coma sempre, teremos o noso habitual networking acompañado duns pinchos e bebidas refrescantes 🍻
Bule a apuntarte, só temos 35 prazas!
🚌 Como chegar a WekCo?
- En coche, hai moito sitio no que aparcar
- En autobús, na liña 21
Esperámoste!





