Episodio 4: Primeiros pasos para emprender (con ou sen WordPress)


Tamén podes escoitarnos en

Ou levar o teu feed o teu podcatcher favorito.

Á hora de emprender, os primeiros pasos son os máis incertos.

Cando, como e onde atopar os nosos primeiros clientes? Cal é o momento indicado para emprender? Por que deberiamos facelo? Por que non?

Estas preguntas recorrentes deron a idea de dedicar este episodio a comentar as nosas experiencias e opinións emprendendo por primeira vez.

Pero tamén quixeramos coñecer as túas: Se tiveras que darlle un consello, un só, a alguén que está a comezar a emprender, cal sería?

Ademais, neste episodio:

  • Falamos sobre a última Meetup xunto a Yolanda Pazos.
  • Contámosche cales son as novidades WordPress máis importantes do mes.
  • Compartimos as cousas nas que estivemos traballando durante os últimos días.
  • Repasamos a axenda de WordCamps confirmadas para 2024.
  • Lemos os comentarios que nos deixaron en iVoox, YouTube e Spotify.

RECOMENDACIÓNS DO PODCAST:

1 – Para xogar con WordPress sen instalar nada: Playground de WordPress

2 – Entrevista de Jaime Garmar a Pablo Roca en Club WordPress: Ver entrevista

3 – Entrevista de Jaime Garmar a David Viña en Club WordPress: Ver entrevista


Patrocinadores