Aprende os trucos máis interesantes sobre fotografía de produto e como sacarlle todo o xogo á túa tenda online con WordPress.
A situación éche familiar.
🛍️ Lanzas unha tenda online.
Ti, ou algún cliente que teñas de man.
E os pasos están claros: dás voltas ao branding e ao copy. Compras o dominio e o aloxamento. Instalas WordPress e WooCommerce. Metes aí todos os plugins posibles que fagan mil e unha funcionalidades…
Listo.
📸 Pero, e que pasa coas fotografías?
Nada, nada. Sacas o teléfono móbil e nun par de segundos tes unhas fotos xeniais con trillóns de píxeles para ilustrar o produto TOP que estás vendendo.
❌ Logo compáralas coas da competencia e non valen nin para evitar que unha mesa deixe de abanear.
É normal, porque non tes nin idea de como iluminar o produto, nin de como combinalo co entorno, nin de como enfocalo, nin de que ángulo é mellor, nin sequera sabes para que valen todas as opcións que ten a cámara do teu teléfono móbil.
🏆 Non te preocupes. Por sorte temos a solución. Ou polo menos parte dela.
Se che interesa que a fotografía da túa tenda online se vexa profesional, non podes perder esta Meetup.
Estará connosco Diego Silva, fotógrafo profesional especializado en fotografía corporativa, de produto e en personal branding.
🗓 A meetup terá lugar o vindeiro día 23 de marzo de 2023 en WekCo (Novo Mesoiro, nº2 baixo, A Coruña) ás 19:30 horas.
🍕 A continuación, e xusto ao finalizar o evento, teremos o noso habitual networking acompañado duns petiscos.
Apúntate, só hai 35 prazas!!
🚌 Sabes chegar a WekCo?
- En coche, hai moito sitio onde aparcar
- En autobús, na liña 21