TikTok como aliado para aumentar as visitas da túa web


Ligazóns rápidas

📲 Aprende a levar tráfico das RRSS á túa web e descubre como TikTok pode ser unha ferramenta de vendas. Todo isto en formato dun caso de estudo.

🤔 Tes varias opcións:

  • Podes seguir ignorando o poder das redes sociais e perder oportunidades de vendas.
  • Podes intentar facelo pola túa conta, sen garantía de éxito.
  • 👉  Ou podes unirte a nós 👈

✅ Se escolleres a terceira opción, agardámoste na próxima Meetup de WordPress da Coruña. Neste relatorio, aprenderás a integrar as redes sociais na túa estratexia de vendas, cun enfoque especial en TikTok. Descubrirás como esta plataforma non é só para entretemento, senón unha poderosa ferramenta para xerar tráfico e vendas.

👩‍💼 Dará o relatorio Beatriz Ventosinos, creadora de contidos en Ahao Studio e consultora en Iuni Strategic Marketers.

Bea, ademais de formadora, axuda a marcas a traducir accións dixitais en resultados positivos. Elaborando estratexias de contidos para fortalecer, fidelizar e manter o interese de seguidores e clientes.

🗓 A meetup terá lugar o próximo xoves 19 de outubro de 2023 en WekCo (Novo Mesoiro, nº2 baixo, A Coruña) ás 19:30 horas.

🍕 Ao finalizar, coma sempre, teremos o noso habitual networking acompañado de uns petiscos.

Apúntate, só temos 35 prazas!

🚌 ¿Como chegar a WekCo?

  • En coche, hai moito sitio onde aparcar.
  • En autobús, na liña 21.

Agardámoste!

Fotos

Presentación


Patrocinadores