Aprende todo o relacionado coa legalidade web, software e contratos dos teus clientes.
Moitas webs non son de todo legais.
😉 Nós sabémolo, e ti tamén. E se creas webs no teu día a día, saberalo aínda mellor.
Pero que todas e todos o saibamos non o fai bo. E que (casi) nunca cheguen sancións, non significa que te vaias librar sempre dunha sorpresiña de mal gusto.
😎 Así que se che interesa iso de ter todo atado e ben atado para non verte entre avogados, esta Meetup é a túa.
Farase un repaso do que significa manter legal unha web onde che deixen datos os usuarios, ter un negocio vinculado a WordPress que sexa un éxito e todo o que se che ocorra sobre cuestións legais que afecten no día a día ao que estás facendo.
👩🏻⚖️ Estará connosco Bárbara Román, xefaza en Nolegaltech.
Axuda en cuestións legais a empresas do ámbito tecnolóxico. Defensora do software libre e do open data. Aínda que é avogada, fala normal…
🗓 A meetup terá lugar o vindeiro día 16 de febreiro de 2023 en WekCo (Novo Mesoiro, nº2 baixo, A Coruña) ás 19:30 horas.
🍕 A continuación, e xusto ao finalizar o evento, teremos o noso habitual networking acompañado duns petiscos.
Apúntate, só hai 35 prazas!!
🚌 Sabes chegar a WekCo?
- En coche, hai moito sitio onde aparcar
- En autobús, na liña 21
Agardámoste!