🔥 UX: tendencias vs. estratexia ¿Cal é a clave para aumentar a conversión?


Ligazóns rápidas

Ti es máis de seguir as tendencias cando deseñas unha páxina web ou de priorizar a estratexia por encima da estética?

🚀 Esta é a cuestión que nos lanza Stacy Eke, especialista en deseño UX & UI e CRO no próximo encontro da comunidade de WordPress na Coruña.

Na súa charla explorará a diferenza entre deseños atractivos pero efémeros e estratexias fundamentadas en UX e deseño conductual.

👩‍🏫 Porque, como advirte Stacy, neste mundo dixital no que as tendencias cambian constantemente, o fácil é caer na trampa de seguir modas sen avaliar o seu impacto real na experiencia de usuario e na conversión.

🗓 A charla terá lugar o vindeiro xoves 20 de marzo de 2025 ás 19.30 horas en WekCo (Novo Mesoiro, 2, baixo, A Coruña).

🍕 Ao rematar, coma sempre, teremos o noso habitual networking acompañado duns pinchos e bebidas refrescantes 🍻

Bule a apuntarte, só temos 35 prazas!

🚌 Como chegar a WekCo?

  • En coche, hai moito sitio no que aparcar
  • En autobús, na liña 21

Esperámoste!

🦀 Únete á comunidade WP Coruña


Ponente | Stacy Eke

Deseñadora UX/UI na Coruña, apaixonada pola creatividade e a funcionalidade en cada detalle. Sempre en busca de novas tendencias que equilibren estética e usabilidade. Amante do verán, a boa comida e o anime. Encontro os pequenos praceres da vida: nunha sesta revitalizante e un bo prato delicioso.


Patrocinadores