🔥 Vender sen pensar no algoritmo


Como evitar as carreiras de tolos dando máis peso á imaxinación e a unha selección de métricas máis sensata.

🤯 Algunha vez sínteste abafado polas métricas da túa páxina web ou das túas redes sociais? Tes pesadelos cos cambios do algoritmo de Instagram ou coas actualizacións de Google? Se sabes de que falamos, esta charla é para ti.

🐇 O que propomos é parar e repensar a túa estratexia. Pero non a estratexia na que estás a pensar. Non falamos do enésimo plan de contidos e accións para tentar espremer o algoritmo, tratar de burlalo ou para non quedarte moi atrás. Hai que ir á base e darlle un xiro á túa relación coas plataformas.

🔥 É o reto que nos lanza Rodrigo Varela, responsable técnico e de marketing de El Amasadero. Tras máis de 20 anos deseñando estratexias dixitais, ten moi claro que hai que vacinarse da tecnoplasmose e deixar de perseguir á lebre. O seu mantra: atopa a túa voz coas túas propias regras. Botarlle imaxinación a esa tarefa cada vez máis complicada de ter presenza dixital sen ser escravos de modas e tendencias.

🗓 A charla terá lugar o próximo xoves 21 de maio de 2026 ás 19:30 horas en WekCo (Novo Mesoiro, Nº2 bajo, A Coruña).

🍕 Ao rematar, coma sempre, teremos o noso habitual networking acompañado duns pinchos e bebidas refrescantes 🍻

Bule a apuntarte, só temos 35 prazas!

🚌 Como chegar a WekCo?

  • En coche, hai moito sitio no que aparcar
  • En autobús, na liña 21

Esperámoste!

🦀 Únete á comunidade WP Coruña


Patrocinadores