🔥 Web under construction. A arte de construír unha web


Ligazóns rápidas

🧰 Queres coñecer o proceso de creación dunha web? Viches a web da LareiraConf e sentes curiosidade por saber como se fixo? Nesta charla, exploraremos en detalle o proceso de construción dun sitio web desde cero: desde a idea inicial ata o seu despregamento.

𖦹 Falaremos de planificación, deseño, desenvolvemento e lanzamento. Contareiche como converter un concepto nunha identidade visual, que tecnoloxías e ferramentas usamos e como enfrontar os retos de deseño e desenvolvemento para lograr un resultado con personalidade. Ademais, compartiremos as aprendizaxes e dores de cabeza.

🤔 Se algunha vez lanzáchesche a facer unha web e terminaches enredado entre código, deseño e dúbidas existenciais, esta charla é para ti.

🗓 A charla terá lugar o próximo xoves 22 de xaneiro de 2026 ás 19:30 horas en WekCo (Novo Mesoiro, Nº2 bajo, A Coruña).

🍕 Ao rematar, coma sempre, teremos o noso habitual networking acompañado duns pinchos e bebidas refrescantes 🍻

Bule a apuntarte, só temos 35 prazas!

🚌 Como chegar a WekCo?

  • En coche, hai moito sitio no que aparcar
  • En autobús, na liña 21

Esperámoste!

🦀 Únete á comunidade WP Coruña


Relator | Andrea Magán Rey

Frontend Team Lead en Sngular e co-organizadora en LareiraConf.

Son Andrea, programadora e deseñadora.

Encántame construír cousas, ben sexan comunidades e eventos, aplicacións, manualidades… O que sexa!

Como co-organizadora da LareiraConf, aprendín o que significa converter unha idea nunha experiencia inesquecible para centos de persoas.

Cando non estou a organizar eventos, lidero un equipo de frontend desenvolvendo aplicacións de visualización de datos. E ás veces, ata programo.


Patrocinadores