🔥 WordPress en acción! O impulso co teu negocio necesita


Ligazóns rápidas

🤔 Tes dúbidas sobre WordPress? Gustaríache mellorar algo da túa web/tenda en liña pero non sabes como facelo?

🫵 Aproveita a próxima Meetup de WordPress Coruña para compartir as túas inquedanzas e atopar a mellor resposta.

Como?

Faremos unha sesión de preguntas e respostas na que toda a comunidade formará parte.

🎯 Trae unha ou dúas preguntas que necesites responder e expónllas á comunidade. Todas as persoas que asistan compartirán a súa experiencia, consellos e solucións para axudarche a sacarlle o máximo proveito a WordPress.

Non importa o teu nivel de coñecemento e experiencia. Entre todos, atoparemos a mellor maneira de afrontar ese problema que che impide avanzar co teu negocio en liña.

🤔 Tes dúbidas? Pregunta.
😉 Tes respostas? Compárteas.

———-

🗓 A meetup terá lugar o vindeiro xoves 21 de novembro de 2024 ás 19:30 horas en WekCo (Novo Mesoiro, Nº2 baixo, A Coruña).

🍕 Ao rematar, como sempre, teremos o noso habitual networking acompañado duns petiscos e bebidas refrescantes 🍻

Apúntate, só temos 40 prazas!

🚌 Como chegar a WekCo?

  • En coche, hai moito sitio onde aparcar.
  • En autobús, na liña 21.

Agardámoste!

🦀 Únete a comunidade WP Coruña!

Fotos


Patrocinadores