🔥 WordPress Headless e Craft Beer galega: o caso de Cervezas Lupia


👨‍💻 Sabes o que é WordPress Headless?

Se queres coñecer todas as claves deste enfoque de desenvolvemento web, non te perdas o caso práctica traemos á meetup de febreiro.

🚀 Imos falar de Estrella Galicia, do seu proxecto Cervezas Lupia e de como utilizaron WordPress Headless para desenvolver a súa páxina web: Cervezas Lupia. Para iso contamos con Xose Louzao, Global Head of Product Marketing en Hijos de Rivera.

👨‍🏫 Xose debullará a experiencia dixital de utilizar WordPress en modo Headless con NextJS e GraphQL para crear un portal web. Explicaranos por que elixiron este enfoque para gañar flexibilidade, seguridade e rendemento e como aproveitaron WordPress como CMS conectando o seu backend co frontend en React.

Tamén compartirá os desafíos e aprendizaxes de integrar WordPress Headless co resto de tecnoloxías corporativas.

🗓 A charla será o próximo xoves 20 de febreiro de 2025 ás 19.30 horas en WekCo (Novo Mesoiro, 2, baixo, A Coruña).

🍕 Ao remate, coma sempre, teremos o noso habitual networking acompañado duns petiscos e bebidas represescantes 🍻

Apúntate, que temos poucas prazas!

🚌 Como chegar a WekCo?

  • En coche, hai moito sitio no que aparcar
  • En autobús, na liña 21

Esperámoste!

🦀 Únete á comunidade WP Coruña!


Ponente | Xosé Louzao

Cunha traxectoria consolidada en Product Makerting, Transformación e Estratexia Dixital, Xose Louzao é actualmente Global Head of Product Marketing en Hijos de Rivera, empresa na que lidera a xestión de máis de 25 sitios globais desenvoltos en WordPress e todas as tecnoloxías Martech da compañía para unha carteira de 30 marcas.

Encabeza os equipos de UX/UI, desenvolvemento web, SEO, CRO, WPO e analítica web, garantindo que as plataformas dixitais da compañía ofrezan unha experiencia de usuario optimizada e un posicionamento de marca sólido.

Antes de unirse a Hijos de Rivera, foi Head of Product Marketing en GoDaddy e Host Europe, empresas nas que definiu e executou estratexias de lanzamento e crecemento de produtos dixitais en mercados altamente competitivos.


Presentación


Vídeo


Fotos


Patrocinadores