💰 Non fai falta gastar nin un euro para ter un WordPress (razoablemente) seguro. WordPress trae de serie máis protección da que a maioría aproveitamos, e o que non trae pódese cubrir de balde se sabes onde mirar.
🦺 Nesta charla percorremos WordPress capa por capa: que devasas, que protección de acceso, que copias de seguridade e que vixilancia trae xa o propio WordPress sen instalar nada, e que falta de verdade en cada capa cando compre ir máis alá.
😱 Nada de vender medo nin de listas de sustos sen explicar, nada de plugins de pago porque se non… Imos ver o que de verdade protexe o teu WordPress, pasiño a pasiño, e de balde.
🗓 A charla terá lugar o vindeiro xoves 15 de outubro ás 19:30 horas en Sngular (Rúa Sor Joaquina, 6, Entreplanta, 15011 A Coruña).
‼️ OLLO! Cambiamos de localización.
Apúntate, que temos poucas prazas!
🚌 Como chegar a Sngular?
- En autobús, nas liñas 12, 12A e 14.
🦀 Únete á comunidade WP Coruña
Relator | Fernando Tellado
Dende 2007 mantendo WordPress vivo e a salvo. Consultoría, mantemento, hackeos, migracións, formación. E os plugins que faltaban, é el quen os fai. Culpable de Ayuda WordPress e director de Bisnis.





